Recursos para a aula

Ola, e benvidos unha vez máis ó noso blog!

Na última sesión a actividade central foi a busca e análise de recursos dixitais existentes relacionados coa temática do proxecto, o medio ambiente. Tras revisar os enlaces da carpeta "Para buscar nova información", pasamos á busca de recursos dixitais, actividades multimedia, xogos educativos... Despois de seleccionar 3 recursos pasei á elaboración dunha ficha para a súa valoración.
Os recursos que valorei son:

Un xogo educativo onde o alumnado aprende a diferenciar os diferentes tipos de lixo para depositar cada un no seu colector. Con este xogo pódese incentivar ó alumnado a reciclar.


Un xogo educativo onde o alumnado aprende o ciclo da auga e a conservación da mesma, mediante xogos didácticos como sopa de letras, preguntas sobre os conceptos, crebacabezas, crucigramas e xogos para relacionar.
 

Un xogo educativo onde o alumnado aprende os ecosistemas e os seus compoñentes,as cadeas e as redes tróficas, e os tipos e os cambios nos ecosistemas. Os xogos que aparecen son diversos, como completar as oracións, ordenar os enunciados e de relacionar conceptos.


Comentarios