Revisión de proxectos de prácticas

Nun primeiro momento no noso grupo decidimos traballar sobre un dos eixes transversais que se poden tratar no aula. No noso caso en concreto optamos polo medio ambiente, incluíndo fauna e flora. Para traballar este tema eliximos, nun principio, realizar un periódico ou revista dixital. Despois de ver a documentación sobre os proxectos de prácticas, entendo que a intención do proxecto é que familiarice coa organización interna dun xornal (ou revista) dixital e co proceso de construción de noticias. Despois dese documento, pasei a revisar a carpeta "Para consultar sobre os proxectos". Tras ver as ligazóns dispoñibles como "5 ferramentas para crear revistas escolares interactivas" ou "Como facer un periódico escolar dixital" comezo a ter unha idea de como podería ser o noso proxecto. Grazas ó periódico (ou revista) dixital o estudantado pode traballar habilidades como a comunicación ou a redacción, entre outras, apoiándose nas TIC.
Eu penso que a elección deste tema para traballalo é bastante acertada, pois no DOG amósase a importancia que ten. De feito, un dos obxectivos da educación primaria é coñecer e valorar os animais máis próximos ó ser humano e adoptar condutas que favorezan o seu coidado. Do mesmo xeito esta idea pode ser enfocada cara o medio ambiente.

Comentarios