WebQuest

Ola rapazas e rapaces!
Ao longo desta semana centrámonos en elaborar unha WebQuest. Trátase doutro tipo de recurso para a aula, pensado e elaborado para alumnos/as de 6º EP. O tema central é A contaminación e a reciclaxe. Preténdese facer ver ós nenos/as os problemas que presenta o medio ambiente por mor da contaminación e as actividades que pode levar a cabo cada un na súa casa para unha mellor conservación do medio. Ademais, incítase a practicar dous dos termos das 3R: Reciclar, xa que só poderanse usar elemntos que poidan ser reciclados; e Reutilizar, xa que se lle está dando un novo uso ós devanditos elementos.

Nesta WebQuest propóñense unha serie de actividades a resolver polo alumnado, facilitando páxinas web e demais para unha correcta resolución. Ademais, nos criterios de avaliación pódense ver os aspectos nos que se centrará o/a docente á hora de corrixir. Desa forma o alumnado poderá centrarse naqueles aspectos que máis se valorarán.

Esperamos que vos sexa de interese e sobre todo que vos divirtades aprendendo!


Comentarios