Actividades multimedia

Ola!
Anteriormente faleivos sobre a ferramenta de HotPotatoes, a cal non me agradou demasiado...
Dentro das 5 actividades que se poden deseñar, eu decanteime por estas tres:

  • JCloze, un xogo interactivo onde o obxectivo é adiviñar as palabras que faltan nas celas baleiras. Deste modo completaranse frases relacionas coas cadeas e redes alimentarias.
  • JQuiz, un xogo composto por unha batería de preguntas tipo test sobre as relacións entre os seres vivos, identificando así os tipos de interrelacións que existen.
  • JMatch, un xogo no que se deberán relacionar os termos referidos ós ecosistemas naturais terrestres coas características da fauna e da flora.
De seguido, déixovos as actividades por se queredes probalas. Espero que sexan entretidas e que aprendades moito!

Comentarios