Actividades multimedia

Ola!
Anteriormente faleivos dunha ferramenta moi útil para a elaborcaión de material didáctico para a aula, Tools For Educators.
De entre todas as opción que oferta, eu decanteime polo xogo do dominó con información sobre os fenómeno meteorolóxicos.
Este xogo está feito de maneira que ademáis de aprender os tipos de fenómenos que se poden dar na natureza, apréndense en inglés. Cada imaxe vai acompañada do nome en inglés e da súa definición en castelán, para asimilar mellor o concepto.
Esta actividade pódese imprimir e recortar de maneira que o obxectivo da actividade cambiaría, sendo entón o de unir o termo e definición coa imaxe correspondente.
Déixovos aquí a actividade por se queredes probar.
Espero que vos divirtades e sobre todo que aprendades moito!


Comentarios