Ferramentas para elaborar material

Boas rapaces e rapazas!

Hoxe veño falar sobre outra ferramenta para a realización de material: HotPotatoes. A verdade é que despois de usar a plataforma da que falei a semana pasada, esta resultou bastante complexa de entender.
En Educaplay as actividades que podes realizar son claras e fáciles de deseñar, mentres que en HotPotatoes todo o contrario. Despois da visualización dos vídeos titoriais proporcionados polo profesor fun quen de deseñar unha das 5 actividades que se poden facer. Pero ata aí chegou a miña comprensión.
Cando foi o momento de gardar as actividades sentinme un pouco inútil. En Educaplay aparecía unha opción de publicar, e logo xa podías compartilo nesa plataforma ou compartilo no blog. Desta vez resultoume moi complicado facelo...
Eu persoalmente non recomendo HotPotatoes. Da miña experiencia coas dúas ferramentas esta resulta un enredo á hora de poder compartila, ademais de que a variedade de actividades é moi limitada.

Comentarios