Ferramentas TIC

Ola rapaciños/as!!

Desta vez vamos facer actividades cunha nova ferramenta que se chama "Hotpotatoes"

Mais ou menos aseméllase bastante á ferramenta de "Educaplay" que utilizamos anteriormente, pero complícasenos un pouquiño máis, porque nesta vida non todo ven feito.

Nesta teremos que crear as actividades de cero, dándolle nos o formato e eleixindo de entre varias opcións cal imos realizar, porque levan o seu tempiño. Ata aquí todo sinxelo mentres sigas os pasos e non perdas a paciencia.

A min persoalmente complicóuseme logo, cando chegou a hora de gardar as actividades deseñadas, non sabedes o traballiño que da, pero, unha vez superado estou contenta co meu traballo para vos, espero que vos guste.

Ata a próxima!!

Comentarios