Proxectos expostos

Na última sesión, tanto o noso grupo como os demais, expuxemos os nosos proxectos finais.
As temáticas tratadas polos meus compañeiros e compañeiras foron: as festividades durante o ano lectivo, o entroido, o bullying e o medio ambiente. Cada un diferente do aoutro, pero todos con moitos valores que transmitir. Creo que calquera dos proxectos expostos é viable para poñelo en práctica nas aulas de primaria. Cada proxecto aporta diversas mensaxes, como poden ser: a importancia que ten coidar o medio ambiente, fomentar o respecto entre iguais e non tolerar as faltas de respecto, valorar a nosa cultura e sentirnos orgullosos e orgullosas dela, enter outras.
Dende o meu punto de visto, todos e todas fixeron unha gran labor co seu proxecto final.

Comentarios